Nun momento tan marcado polo respecto o Ambiente, polas enerxías renovables e polo quentamento global, como se entende o concepto de Ecoloxía Interior?
É difícil ver para adentro, non falamos cos nosos órganos, só cando nos doen. O tempo e as présas devórannos e cada vez é máis difícil facer o que facía Xesús, crear espazos interiores. Somos resultado dunha evolución da natureza dende hai catorce ou quince mil anos. Os seres humanos non estamos por riba da natureza. De feito vivir é un bico permanente na boca da natureza, convertendo en cada segundo un gas tóxico como o osíxeno nun gas de vida.
Cal é o mal que nos persegue nestes momentos?
Falta educación para o silencio, clave para ter unha actitude equilibrada e humilde nesta vida. Hai dous niveis na nosa existencia: un de necesidades, que se refire as accións de comer, traballar, cultivar e reproducirse; outro de gratuidade. O ocio, a música, os amigos, a cultura. Agora todo se comercializa, incluso ese tempo de ocio, nos novos templos do consumo, os centros comerciais.
Este é o eterno debate, relixión-espiritualidade. A familia, sen experiencia amorosa, non ten sentido. Á relixión pásalle o mesmo coa experiencia espiritual. Quíxoa destruír porque a mística é un estado de paixón permanente que non se pode controlar. A Igrexa ensínanos moita doutrina e pouca espiritualidade.
Estamos a perder católicos e debemos abrir o ministerio sacerdotal as mulleres. Non hai ningunha razón teolóxica ou bíblica para que non poidan ser sacerdotes e tamén para que homes casado e mulleres casadas poidan exercer. A Igrexa debe abrirse e modernizarse na súa moral, sobre todo na sexual.
Sí, aínda que hai poderes moi fortes por detrás deles, como o de Estados Unidos. Ahora xurdiron outros, como España e as súas empresas alí asentadas que se poñen ricas a custa da nosa pobreza.
Brasil está mellor con Lula ca sen Lula. Pero non fixo todas as reformas que prometeu. Ten boas políticas, mellorou a situación dos máis pobres, rexeitou políticas exteriores de libre comercio como o programa ALCA, propiciado desde EE.UU. Son moitos puntos positivos, peo non correspondeu ás expectativas que xerou. Perdeu a oportunidade. Traballei dous anos con el, no chamado Calendario do poder, e fun porque era un labor que tiña que ver co meu traballo anterior. Pero esa non é a miña vocación.
Hai que confiar en proxectos, non en persoas, o contrario sería un erro. A idea de alguén que chegue desde abaixo para cambialo todo é algo utópico. Polonia, con Walesa, outro sindicalista coma Lula, foi unha decepción total.
Son optimista polas propias contradicións do sistema capitalista. Aí están os casos de Irán, Irak,...e tamén polas sinerxías dos que estamos nos movementos de base, que cada día somos máis.
Hai que gardar o pesimismo para días mellores. É o meu lema porque, basicamente, son un optimista.