Con esta delirante obra impídese o paso natural de fauna ao río, modificando radicalmente a súa dinámica, ao alterar a súa morfoloxía con muros artificiais e eliminar sedimentos do seu leito, alén de danar o bosque de ribeira.
Estas obras, totalmente innecesarias, foron financiadas polo Concello de Fornelos de Montes, despilfarrando cartos públicos que poderían ser investidos noutras actuacións acaídas e beneficiosas para os cidadáns e para o medio.
Ademais as obras foron concibidas como unha “restauración ecolóxica” do lugar, cando en realidade non son máis que unha antropización e urbanización dun río, concepto completamente contrario ao obxectivo inicial, o que resulta claramente contradictorio e incoherente e demostra a falta de respeto e de criterio sobre o medioambiente.