Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha parte do texto xa foi aprobada

Primeiro chanzo constitucional cara á nova Bolivia

Con varios gobernadores da oposición chamando á "desobediencia" civil, os asembleístas que participan na elaboración do novo texto constitucional aceleran o proceso nas últimas horas.

Redacción - 12:30 09/12/2007

"Bolivia constitúese nun Estado Unitario Social de Dereito Plurinacional Comunitario, libre, autonómico e descentralizado, independente, soberano, democrático e intercultural. Fúndase na pluralidade e o pluralismo político, económico, xurídico, cultural e lingüístico, dentro do proceso integrador do país". Con esa redacción e co consenso de dous terzos dos deputados presentes, saía adiante o primeiro artigo da nova Constitución de Bolivia.

Son xa 143 aprobados do total de 408 artigos do texto constitucional sobre os que se está debatindo. De momento a unanimidade só foi posíbel para 87 dos artigos. No ámbito da oposición ao Movemento ao Socialismo do presidente Evo Morales debúxanse dúas estratexias diferentes. Dunha parte, o bando máis conservador, agrupado arredor da formación Podemos, boicotea o proceso, negouse a asistir ao debate e promove os belixerantes enfrontamentos e chamadas á desobediencia civil. Por outro lado, a formación Unidade Nacional decidiu saltar á area do debate e negociar algúns dos artigos máis polémicos, conseguindo xa varias concesións á revisión.

Poden ampliar nos xornais La Prensa e El Diario.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: