Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por un transporte sustentábel

Pon un amigo na "masa"!

Os colectivos convocantes das marchas en favor do uso da bicicleta propoñen convidar a amigos e parentes a unírense á iniciativa.

Redacción - 12:43 07/12/2007


Con saída e chegada na Praza de María Pita e percorrido por toda a cidade, A Coruña acolle este venres unha nova convocatoria da Masa Crítica. Trátase dunha bici-xuntanza cidadá, unha vez ao mes, co obxectivo de concienciar os veciños en favor do uso da bicicleta. Na web Bicis.info pode atoparse información sobre os días de mobilización en diferentes cidades do país.

Defenden os convocantes que a bici é "instrumento fundamental para darlle un xiro radical ás políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas, integrada co transporte público colectivo". Desta volta, a convocatoria chega co lema Masa Especial "Amig@" : pon un/unha amig@ na túa vida... e tamén na masa!.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: