 
O servizo, gratuíto, pretende que as usuarias non esquezan a toma do medicamento.
As mensaxes de móbil xa se popularizaron até tal punto que unha compañía farmacéutica, Wyeth, ofrece dende a súa web un servizo gratuíto de envío de SMS para lembrar cando hai que tomar a pílula anticonceptiva. O servizo, anónimo, evita que as usuarias rexistradas esquezan a toma do medicamento. 
  A campaña ten como principais destinatarias as novas usuarias da pílula, que son máis propensas a esqueceren e tamén as máis familiarizadas co uso do móbil. As mensaxes non se reciben indefinidamente, só durante o período necesario para crear o hábito. As que usen caixas de 21 pílulas recibirán unha mensaxe todos os días o primeiro mes, e logo o primeiro día do mes durante o resto do ano. Para as que merquen envases de 28, os avisos son diarios durante tres meses. 
  Aínda que en principio é unha campaña comercial, o envío de SMS pode ter novas aplicacións, como lembrarlles ás embarazadas as doses de ácido fólico ou  para que a xente que toma antibióticos non abandone o tratamento antes de tempo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto