Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"PANEL DE FOGARES" DE RED.ES

Os cidadáns gastaron máis de 3.000 millóns de euros a nivel estatal en novas tecnoloxías

A porcentaxe de fogares conectados á rede só chega ao 40% e máis da metade sufriron virus informáticos no último mes.

Redacción - 12:00 29/11/2007

A entidade pública empresarial Red.es deu a coñecer os datos do seu 16º panel de fogares, que reflicte un importante aumento no gasto en servizos de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nos fogares de todo o Estado. O informe correspondente ao segundo trimestre de 2007 salienta que se superaron por segunda vez consecutiva os 3.000 millóns de euros.

Deste xeito, o gasto en servizos TIC, que inclúen telefonía fixa e móbil, internet e televisión de pago, ascendeu a 3.022 millóns de euros, un 7% superior ao mesmo período do 2006. A porcentaxe de fogares con acceso á rede acadou o 40%, o que supón 6,4 millóns de vivendas en todo o Estado e máis de 20 millóns de habitantes de máis de 15 anos.

As tecnoloxías que máis aumentan son o ADSL e a telefonía móbil, mentres que se estanca o consumo do teléfono fixo e o acceso a internet a través da liña convencional. Das persoas que acceden á rede, o 68% considérase usuario intensivo, é dicir, que se conectou nos últimos sete días.

En xeral, vai medrando o uso e coñecemento das novas tecnoloxías na cidadanía, dende o contacto coa Administración a través da internet até o uso de ferramentas de seguridade. Malia isto último, o 55,5% das persoas enquisadas confesaron ter sufrido virus informáticos no último mes.

Tamén aumenta, aínda que lixeiramente, a porcentaxe de fogares con acceso á televisión de pago, que acada o 22,3%. Elévase o uso do ADSL como tecnoloxía de acceso a contidos audiovisuais, mentres que a televisión analóxica desapareceu con esta utilidade, como consecuencia da transformación de Canal+.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: