Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Tras 21 anos

Teresa Salgueiro abandona Madredeus

A vocalista do grupo portugués decide deixar a formación para dedicarse por completo á súa carreira en solitario.

Redacción - 12:30 29/11/2007

A cantante portuguesa anunciou a súa decisión de abandonar aos Madredeus debido á imposibilidade de manter unha dispoñibilidade exclusiva e necesaria para o funcionamento do grupo. Aínda así, Teresa Salgueiro informou de que a determinación foi tomada de mutuo acordo entre ela e o líder da banda, Pedro Ayres Magalhaes, en representación do grupo, polo que non pecha a porta de cara a futuras colaboracións.

Salgueiro desenvolveu nos últimos anos unha intensa carreira en solitario, coa publicación dos discos La Serena, acompañada polo septeto do brasileiro Joao Cristal e Vocé e eu. A cantante tamén participou no disco Silence, night and dreams, do compositor polaco Zbigniew Preisner, no que interpreta en latín temas con contidos bíblicos. As continuas peticións para continuar desenvolvendo proxectos artísticos foi a causa fundamental do abandono do grupo.



Un pouco sobre Madredeus

O grupo estaba formado por Pedro Ayres, Fernando Judice, José Peixoto, Carlos María Trinidade y Teresa Salgueiro, que xa en 2006 situouse no punto de mira ante os insistentes rumores de separación. Foi nese momento cando tomaron un ano sabático para “pensar e organizar” as súas actuacións tras 20 anos de traballo constante.

Madredeus naceu en Lisboa en 1985, e publicou no 87 o seu primeiro traballo, Os días de Madredeus. A súa discografía complétase con Existir, Lisboa, O espírito da paz, Aínda (banda sonora da película Lisbon story, de Wim Wenders), Paraíso e O Porto. Trala marcha de tres dos seus membros, publicaron Antoloxía, Palabras cantadas, Movimento, Electrónico, Euforia, Um Amor Infinito e Faus do Tejo.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Teresa Salgado nun concerto de 'La Serena'
Teresa Salgado nun concerto de 'La Serena'