A banda catalá pasará a fin de semana no noso país, amosando a súa mestura de reggae e rock en tres concertos
Veñen do barcelonés barrio de Sants e presentan o seu segundo disco, Vol II, once novos temas nos que se seguen movendo nos ritmos xamaicanos, pero mesturados con outras músicas. No álbum contaron con variadas coleboracións, como La Troba Kung Fu, Martingala, Obrint Pas ou The Kinky Coocoo's.
Pirat's Sound Sistema actuarán o venres ás dez e media da noite na Gentalha do Pichel, en Compostela. O sábado, o concerto será na Coruña, no Patachim á unha e media da madrugada. E o domingo pecharán a súa mini-xira galega en Bueu, no Aturuxo, a partir das nove e media da noite.