Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O OBXECTIVO DOS CIBERDELINCUENTES É OBTER DIÑEIRO

Os troianos son a ameaza informática máis activa

O 75% do novo malware aparecido no terceiro trimestre do ano era dese tipo, segundo un traballo dunha empresa de seguridade informática

Redacción - 14:49 22/11/2007

Segundo un informe publicado pola compañía de seguridade informática Panda Security, os troianos seguen sendo, con diferenza, a categoría con maior número de exemplares novos aparecidos. Isto é debido a que este tipo de código malicioso encaixa moi ben na actual dinámica do malware, na que os ciberdelincuentes están interesados en obter beneficios económicos cos seus ataques.

O adware cun 12% e os vermes cun 11%, son os outros códigos maliciosos que representan unha porcentaxe relevante de novos exemplares aparecidos, aínda que moi lonxe das cifras dos troianos. No que se refire ao número de infeccións, os troianos encabezan tamén as estatísticas.

No terceiro trimestre do ano supuxeron un 32% do malware detectado nas computadoras dos usuarios pola solución online Panda ActiveScan. O adware foi o segundo tipo de malware cun índice de infección alto, un 24%. O informe de PandaLabs sobre a actividade do malware no terceiro trimestre de 2007 recolle tamén unha comparativa de distintos kit de instalación de malware mediante exploits.

Estas ferramentas maliciosas permiten aos delincuentes da rede aproveitar as vulnerabilidades existentes nos equipos e servidores para infectar aos usuarios. Comparar estes kits permítenos facernos unha idea da situación actual do malware. A ciberdelincuencia profesionalizouse tanto que os hackers contan con distintas ferramentas, con distintos prezos e funcionalidades, de modo que poden elixir aquela que máis se adapta ás súas necesidades.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: