A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comeza unha campaña para que se cambie a definición por outra máis contudente.
A primeira acepción que recolle a Real Academia Española (RAE) é “movemento político e social de tendencia totalitaria, iniciado en España durante a Guerra Civil de 1936-1939, arredor do xeneral Franco, e desenvolvido durante os anos que ocupou a xefatura do Estado”. Na segunda entrada o dicionario é máis breve: “período histórico que comprende o goberno do xeneral Franco”. Dende a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) están a sacar adiante unha campaña para lograr que a RAE recolla unhas acepcións máis explícitas.
Dende a asociación consideran que definir como “tendencia totalitaria” unha ditadura que violou sistematicamente e durante catro décadas os dereitos humanos é inaceptábel. Dende a ARMH lembran que o réxime franquista deixou 60 mil mortos na posguerra e que meteu na cadea a preto de 400 mil persoas.