Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Real Decreto sobre TDT autonómica

A TVG poderase ver en Asturias, León e Zamora

O borrador redactado polo goberno estatal autorizará a creación dun novo múltiplex para televisións públicas das comunidades colindantes.

Redacción - 11:07 21/11/2007

Un Real Decreto redactado polo goberno español permitirá garantir que as emisións das televisións autonómicas públicas se poidan recibir nas provincias veciñas. Deste xeito, as zonas galegofalantes de León, Zamora e Asturias poderían ver de balde a través da televisión dixital terrestre as emisións da Galega.

O borrador xa foi remitido ao Consello Asesor das Telecomunicacións e a Sociedade da Información para que lles dea o seu visto e prace. En principio, contempla a concesión dun múltiplex dixital adicional, onde caberían até catro canles de televisión máis, para as comunidades autónomas, coa característica de que só o poderán empregar operadores públicos.

Cando se aprobe o decreto, rematarase coa situación de alegalidade que lles afectaba ás emisións da televisión galega nas comunidades veciñas, e referendará, ademais, o intercambio das canles das tres comunidades de lingua catalá: Cataluña, Comunidade Valenciana e Illas Baleares, ou o feito de que ETB se poida ver en Navarra. É preciso, en todo caso, un convenio entre os gobernos das dúas comunidades implicadas.


4,67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: