Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PODERÍANSE CONTROLAR AS PRAGAS?

Crean unha cascuda robot que inflúe no comportamento do insecto

Un grupo de científicos consegue que un grupo de cascudas siga un aparello electrónico cara a un refuxio

Redacción - 13:21 20/11/2007

Que se poidan crear robots que imiten ás cascudas non parece unha gran cousa nos tempos que estamos, agora ben, que estas sexan capaces de enganar ás súas homólogas reais e convencelas de seguir os seus pasos xa é outra cousa.

Iso é o que conseguiu un grupo de científicos europeos da Universidade Libre de Bruxelas, co obxectivo que os robots fosen aceptados polos insectos e así lograr influír no seu comportamento colectivo. Poderiase deste xeito controlar as pragas?

Segundo o seu creador, José Halloy, "as cascudas, soas, parecen estúpidas, pero en grupo presentan un comportamento moi intelixente, por exemplo cando se trata de buscar lugares onde esconderse". Mediante estes roboto-cascudas, Halloy e o seu equipo lograron guiar a un enxame de cascudas reais a atopar un refuxio. E o máis interesante, é que os robots lograron comunicarse coas cascudas e convencelas de que se comportasen de forma inusual, escollendo refuxios máis claros en lugar dos escuros que adoitan escoller.

Os robots, por contra do que se poida pensar, non teñen a aparencia de cascudas, senón que son pequenas caixas forradas cun papel asperxido de feromonas xa que as cascudas non se recoñecen coa vista, senón co cheiro. Deste xeito lograron demostrar tamén que na autoorganización dos insectos non hai un xefe, todas teñen o mesmo poder e todas son capaces de influír no que o grupo está facendo.

O seguinte paso é probalo con animais máis complexos, aseguran que queren facelo con polos e crear un "robotpolo" capaz de interactuar cos animais e controlar o comportamento do grupo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: