Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALERTA SANITARIA

A Xunta retira unha marca dentífrica do mercado logo de atopar índices de contaminación

As autoridades galegas xa tomaron medidas para confiscar a partida de Colgate 'Herbal White', que procede de Irlanda.

Redacción - 13:14 19/11/2007
O lote afectado viña importado de Irlanda

O lote afectado viña importado de Irlanda

O Goberno ordenou a retirada dunha partida de dentífrico Colgate 'Herbal White' importado dende Irlanda. As autoridades galegas detectaron no produto bacterias indicadoras de contaminación.

Segundo un comunicado da Federación de Consumidores en Acción (Facua), que foi o organismo que deu a coñecer este luns o acontecio, o lote 3198GB10333 está composto por tubos de 50 ml. Dende Facua sinalan que o produto xa está incluído na rede de alerta do Ministerio de Sanidade e Consumo. Porén, subliñan que aínda non se aclararon os niveis de contaminación e o risco do produto.

*Nunha primeira redacción desta noticia, por un erro da fonte, falábase de "contaminación fecal" en vez de "contaminación total".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: