Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
UNHA VOLTA DE CAMPÁ PRODUCIUSE ESTA MESMA MAÑÁN

Continuados acidentes na AC-305 na subida de Burés ao alto de Paradegua

Por se non abondase a polémica nas obras da autovía do Barbanza, o vial alternativo que é a AC-305 está a rexistrar numerosas saídas de vía dos vehículos. 

Redacción - 09:22 16/11/2007
Tags:

Até cinco se rexistraban onte nun período de 24 horas en Burés aos que engadir unha espectacular volta de campá esta mesma mañán de venres no mesmo lugar. A coincidencia en se produciren fóra das horas de máis intensidade de tráfico semella apuntar a excesos de velocidade, mais está a estranar este amoreamento dos sinistros nun período tan concreto de tempo o que obrigará aos responsábeis a investigar tamén a situación do firme da estrada ou outras anomalías alén da velocidade. Nos sinistros non se produciron desgrazas persoais, á espera da información deste último acidente no que se persoaron a Garda Civil e a Protección Civil rianxeira.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: