Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PRESENTAN AS II XORNADAS DEPORTE E MULLER

Traballando pola igualdade e a integración no deporte

As xornadas celebraranse en Pontevedra e na Coruña os días 23, 24, 30 de novembro e 1 de decembro. A directora xeral para o Deporte destacou a boa acollida da primeira reunión de traballo e a aposta por implicar ás universidades nestas segundas.

Redacción - 19:00 15/11/2007

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, presentaron na cuarta feira as II Xornadas Deporte e Muller, coas que se pretende seguir avanzando no programa de igualdade de oportunidades para todos e todas.

Marta Souto destacou que nestas segundas xornadas houbo unha importante novidade: "Creo que teñen o acerto de achegarse as Facultades do Deporte, e ao seu profesorado e alumnado, que poden participar nelas en dous aspectos, ben coma relatores ou coma auditorio".

Unid@s pola igualdade no deporte
Pola súa parte, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, manifestou a importancia de traballar xuntos, de forma transversal, diferentes departamentos da Xunta. "Un dos obxectivos básicos da Dirección Xeral para o Deporte é practicar o deporte en igualdade e iso pode verse non só nas palabras, senón tamén nos feitos, coma na posta en marcha das seleccións femininas de fútbol, baloncesto o balonmán", dixo Adán.

A coordinadora das xornadas, Cristina López, destacou que nesta segunda actividade "pretendemos seguir nese proceso de diálogo e reflexión das primeiras xornadas, pero incorporando outros ámbitos diferentes, coa presenza de profesionais de diferentes ámbitos, estudosos sobre deporte e muller e a presentación dos seus traballos.

As xornadas celebraranse de forma simultánea nas Facultades de Ciencias do Deporte das Universidades de Vigo (en Pontevedra) e A Coruña os próximos días 23, 24, 30 de novembro e 1 decembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: