Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ás voltas coa crise do Celta

Horacio Gómez devólvelle a culpa da situación económica a Mouriño

O ex presidente do Celta tamén entrou nas polémicas celestes defendendo a súa xestión.

Redacción - 11:45 15/11/2007
Horacio Gómez

Horacio Gómez

Dende que a pasada semana se fixeron públicas as contas do Celta, foron varias as reaccións que se foron sucedendo. Na terza feira o presidente do clube comparecía diante da prensa para explicar o por que dos problemas financeiros do equipo. Mentres falaba, Mouriño íalle botando, de xeito implícito, as culpas todas da falta de cartos e das grandes débedas ao seu antecesor, Horacio Gómez.

Mais na cuarta feira á tarde Horacio Gómez contestáballe. O ex presidente do Celta, que nun primeiro momento dixo que ía agardar para falar até a vindeira xunta da accionistas, (a celebrar o 3 de decembro), despachouse a gusto nunha súa nota na que defendía a súa xestión e retaba a Mouriño.

"Estou disposto a mercar accións do Celta nas mesmas condicións e situación que cando llas vendín ao actual presidente"
Así se expresaba Gómez, defendendo o seu traballo á fronte do Celta, namentres consideraba que o actual consello de administración "quere trasladar á opinión pública a imaxe de que o Real Club Celta anterior era un desastre e que hai que queimalo na praza pública".

Segundo o ex presidente celtista, a súa foi unha "época gloriosa" para o equipo, xa que "nesa época todos os celtistas e todos os que non o eran, puideron gozar vendo xogar ao Celta por España e Europa, mantendo un altísimo nivel de competición", e seguiu, "Nada nin ninguén nos pode quitar nin luxar ese privilexio. O descenso a Segunda División, despois de participar na Liga de Campións, salvouse dun xeito inmediato e o Real Club Celta volveu a entrar na Primeira División do fútbol español, clasificándose unha vez máis para competicións europeas".

Segundo Gómez, Mouriño e o seu equipo coñecían a situación do Celta
Horacio Gómez tamén explica na súa nota que nas conversas que mantiveron el e Mouriño antes do traspaso de poderes comentaron o difícil que sería xestionar un clube como o vigués: "No momento no que cedín as accións ao actual presidente comenteille que o meirande patrimonio do Real Club Celta é estar en Primeira División e tamén lle comentei que a xestión era complicada pero que se se mantiña a categoría era perfectamente viábel", terminou, non sen antes "manifestando de maneira reiterada" os seus desexos de que o Celta volva á primeira división.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: