Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE VENEZUELANO

O rei Juan Carlos debería escusarse con Venezuela e Iberoamérica

"Ao Rei Juan Carlos fóronselle os tapóns, o menos que debería ofrecer é escusas a Venezuela e aos demais xefes de Estado de Iberoamérica. Están tratando de facer ver a nivel mundial que fun eu quen agrediu ao rei, cando foi el quen me agrediu a min", así o expresou o presidente Hugo Chávez a través do sinal das televisoras rexionais Promar TV e Somos TV desde Barquisimeto, estado Lara, onde estaba facendo campaña polo "Si" á Reforma Constitucional.

Xurxo Martínez Crespo - 09:46 14/11/2007

O presidente venezuelano expresou que este incidente máis que perturbar as relacións entre o Estado español e Venezuela, o que podería é afectalas en Iberoamérica, produto do manexo mediático que os medios de comunicación fixeron sobre este incidente, facéndoo ver como unha falta por parte do presidente de Venezuela, cando en realidade é de parte do monarca español, o que podería considerarse como unha falta de respecto.

Ratificou novamente que "non é imprescindíbel o investimento español en Venezuela non nos fai falta", tras ser consultado sobre as relacións comerciais entre ambos os países.

Así mesmo, recoñeceu saberse sorprendido, pola actitude que tomou o presidente de España, José Luís Rodríguez Zapatero, en defensa dun expresidente, que é sabido, dedicouse a ofender e a difamar ao presidente venezuelano.

"Eu non esperaba que Zapatero saíse a defender Aznar, é unha cousa moi estraña, porque é como que eu defenda a Carlos Andrés Pérez aquí porque alguén saíse a dicir algo sobre el nalgún Cumio, (?), ou como que os chilenos saísen a defender a Pinochet porque un diga que é ditador".


3,82/5 (11 votos)