Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
lugar de extraordinaria beleza pero cunha chea de impactos ambientais

Roteiro de Verdegaia polo Monte Galleiro.

A asociación ecoloxista Verdegaia vai organizar un roteiro polo Monte Galleiro -situado nos concellos de Mos, Ponteareas e Pazos de Borbén- o vindeiro domingo día 11. A saída realizarase en autobús urbano ás 9:45 h. dende o MARCO (rúa do Príncipe s/n), para comezar a camiñar sobre as 11:00 h. na parroquia de Peinador. A volta a Vigo está estimada sobre as 20:00 h.

Verdegaia - 13:50 09/11/2007
Tags:

    O itinerario previsto é o seguinte: Peinador, Regomil, Capela de Santiaguiño, Arrufana, o Pombal, a Fenteira, a Costa cillarga, Focos, o Penedo grande, o Penedo negro, e o Galleiro, sendo este último o cumio do monte cunha altitude de 749 m. s.n.m. A volta consistirá en realizar o percorrido inverso.

    O Monte Galleiro é un lugar de extraordinaria beleza pero cunha chea de impactos ambientais que o degradaron e o seguen a degradar a cotío. Claros exemplos destes danos son os repetidos lumes que se teñen producido no lugar, as plantacións de eucaliptos que se extenden por diversas zonas do monte e as canteiras a ceo aberto que se poden ver “salpicadas”polas ladeiras do Galleiro.

    Pese a esta problemática ambiental, o Monte Galleiro preserva importantes valores naturais no seu seo como albergar poboacións de aves incluídas na Directiva 79/409/CEE de conservación das aves silvestres da UE tais coma a papuxa do mato, o ralo, ou a cotovía, ou como ser o lugar onde habitan diferentes especies de anfibios e réptiles incluídas na Directiva 92/43/CEE de conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres da UE coma o lagarto das silvas, a saramaganta ou o sapiño pinto.

    A estos valores naturais cómpre sumar as impresionantes vistas que se poden contemplar dende este monte xa que a súa gran altitude faino o curuto máis elevado desta zona da provincia de Pontevedra.

    O roteiro é aberto e gratuíto á cidadnía en xeral e contará coa presenza dun guía da asociación que irá informando ás/ós asistentes dos diferentes valores e aspectos que se vaian observando ó longo da xornada. Cómpre levar comida, bebida e roupa e calzado axieitados.

    O percorrido ate o comezo do roteiro realízase en transporte público colectivo para fomentar este tipo de transporte entre a cidadanía e para non contribuír ó avance do cambio climático.



Para máis información: Diego Rodríguez, Vicecoordenadorxeral de Verdegaia (670 784 919).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: