Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
SEGUNDO O INSTITUTO VENEZUELANO DE ANÁLISES DE DATOS

O 62,3% dos venezuelanos aproba a Reforma Constitucional

Con respecto á Reforma Constitucional, a enquisa do Instituto Venezolano de Análises de Datos (Ivad) sostén que 62,3 por cento dos venezuelanos enquisados dá como un feito que o proxecto presidencial será aprobado no referendo previsto para o 2 de decembro. Unha serie de disturbios de estudantes opositores sembrou a cidade de Caracas de policías antidisturbios e de dous mortos na cidade de Maracaibo no estado Zulia ao Oeste do país.

Xurxo Martínez Crespo - 10:21 05/11/2007

Máis de 70 por cento dos venezuelanos aproba a xestión do presidente, Hugo Chávez Frías, segundo o estudo realizado polo Instituto Venezuelano de Análises de Datos (Ivad), efectuado entre o 15 e 28 de outubro pasados.

A investigación, publicada este domingo polo diario Últimas Noticias, sostén que 10,5 por cento dos enquisados cualifican o desempeño do presidente como "excelente"; 33 por cento considerou que é "bo" e 29 por cento sinalou "regular para bo", respostas que mostran unha visión positiva da súa xestión superior a 72 por cento.

Con respecto á Reforma Constitucional, a enquisa Ivad sostén que 62,3 por cento dos venezuelanos consultados dá como un feito que o proxecto presidencial será aprobada no referendo previsto para o vindeiro 2 de decembro, informou a Axencia Bolivariana de Noticias.

Así mesmo, 46,6 por cento dos entrevistados considera necesaria a reforma á Constitución, 17,4 por cento dos electores non está de acordo coa súa aprobación e 20,3 por cento non sabía ou non respondeu.

O estudo de Ivad foi realizado a nivel nacional. Para o mesmo utilizouse unha mostra de mil 200 entrevistas en fogares previamente seleccionádos da capital e do resto do país.


Políticos opositores chaman a impedir referendo de Reforma Constitucional nun mitin na rúa

As organizacións que convocaron á marcha, Acción Democrática, Bandera r, Alianza Popular, e Alianza Bravo Pueblo, fixeron un chamado ao artigo 350 para impedir que se realice o proceso de votación popular.

Organizacións políticas opositoras á Reforma Constitucional iniciaron o sábado ás 10 da mañá unha concentración na avenida Victoria, na cidade de Caracas, para manifestar seu inconformidade ao proxecto sancionado este venres pola Asemblea Nacional e que será referendado o próximo 2 de decembro através do voto popular.


"Hai que tomar a rúa e deixarse de caralladas" sinalou o secretario xeral do partido Acción Democrática, Henry Ramos Allup, no estrado, diante dunha multitude que a cachos manifestaba, através de asubíos, a súa inconformidade cos líderes opositores que tomaban a palabra.

Descualificativos contra o presidente da República, Hugo Chávez Frías, e un chamado "á batalla" deixáronse escoitar na concentración opositora.


Presidente Chavéz enviou pésame a familiares de estudantes asasinados no Zulia


Palabras de solidariedade cos familiares dos estudantes Flavia Araujo e Homero Romero, asasinados durante un enfrontamento na Universidade do Zulia, enviou o presidente Chávez, ao tempo que instou aos pais a "non deixar que utilicen como peóns aos seus fillos".

Ao referirse a este triste feito, o presidente venezuelano asegurou que se identificou aos agresores e asegurou que "non se pode descartar ningunha hipótese".

Recalcou que "os que incendian a cidade non son estudantes, son terroristas. Hai que mirar a quen os utilízan", ao tempo que acusou á cadea de televisión estadounidense CNN de estar "detrás dos plans golpistas en Venezuela".

Chávez declarou que "aínda estabamos tratando de facer o que se puidese para salvarlle a vida aos estudantes; e xa estaba unha canle lanzando a noticia, e enlazado con CNN. Volvo a acusar a CNN de estar detrás dos plans golpistas en Venezuela. Inmediatamente saen ao ar sen comprobar nada, e a noticia daba a entender que os estudantes mortos e feridos eran produto dunha protesta contra a Reforma".

O presidente Chávez instou ao Ministro do Poder Popular para Interior e Xustiza, Pedro Carreño, a "pescudar profundamente" diante dos feitos irregulares e violentos que se suscitaron no país o 1 de novembro, e recalcou que "non podemos permitir que catro terroristas enchan de sangue as rúas".

Referiuse aos feitos ante o Consello Nacional Eleitoral (CNE), cando opositores intentaron encadearse no interior malia ter sido recibídos polas autoridades do CNE; e asegurou que "eles queren un espectáculo sanguento e como pai e presidente teño que sumarme a quen fan un chamado á concordia; a que debatan e non se deíxen utilizar como peóns para procurar unha carnizaría, que é o que andan procurando os terroristas".


3,67/5 (3 votos)