Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O ESPAZO CRISTIÁN É O DE MAIOR CRECEMENTO EN INTERNET NOS ÚLTIMOS MESES

God Tube, a salvación cristiá da rede

Deus xa ten o seu propio espazo en Internet. Se You Tube daba a oportunidade de comunicar e compartir os vídeos máis variados e indescriptibles, agora chega God Tube para darlle un toque máis cristián á gran rede global.

Redacción - 13:15 02/11/2007
God Tube, a salvación cristiá da rede

God Tube, a salvación cristiá da rede

God Tube, a web de contido cristián con máis tráfico de Internet ten como obxectivo dar unha dimesión moi diferente ós vídeos que diariamente circulan a través da rede.

Un exemplo: Britney Spears. Se na plataforma You Tube os vídeos que narran a caída da que fora a gran esperanza do pop, God Tube encárgase de sacar á moza dos infernos pregando pola súa recuperación."Pai noso, no nome de Xesucristo, quero rezar por Britney Spearse. Por favor, preséntate ante ela, abre os seus ollos, os seus oídos e o seu corazón". Quen así fala é Catherine Hilton, unha das máis dun millón de usuarios que visitan God Tube para deixar os seus vídeos.E é que, God Tube é a páxina web que maior crecemento está a experimentar nos últimos meses, trala súa inauguración en agosto.Por si quedara algunha dúbida sobre os contidos que se presentan en God Tube, o seu logo elimina calquera tipo de dúbidas. "Broadcasting Him", ou o que é o mesmo, "retransmitíndoo a el", isto é, a liña directa que conecta ós cristiáns e que permite propagar as ensinanzas de Deus a todo o mundo a través da rede global.


5/5 (2 votos)