Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
O XOGADOR FIXO 47 ANOS

A igrexa maradoniana lembra o aniversario do futbolista

Cunha voda, rezos e cregos propios, unha relixión que propón ao futbolista Diego Maradona coma deus festexou este martes o aniversario do ex capitán da selección arxentina. Outra crónica dende Bos Aires da man de Débora Campos. Aquí podemos ver outra voda maradoniana no Youtube:

Débora Campos - 10:30 31/10/2007



A Igrexa Maradoniana festexa desde pasada a media noite deste martes o aniversario número 47 de Diego Armando Maradona, con condimentos como o casamento de dúas parellas mexicanas que veneran ao astro futbolístico e o sorteo dunha camiseta asinada por Lionel Messi.

Baixo o lema "Noite boa e nadal maradoniano (ano 47 D.D.)", a igrexa Maradoniana organizou a cea e a festa no Club Leloir, situado na cidade de Ituzaingó. Durante a comida proxectáronse imaxes que percorreron a traxectoria do xogador, espectáculos musicais e sorteos, entre os que se agasallou unha camiseta asinada por Lionel Messi, quen é "fiel" á igrexa.

Ademais dos festexos por Maradona, quen cumpriu 47 anos este martes, a igrexa celebrou o matrimonio de dúas parellas de mexicanos, oriúndos de Veracruz, quen serán os primeiros estranxeiros en casar baixo o ritual da organización que venera ao "D10S" (xogo de letras e números que compoñen a palabra deus en castelán).

"Dixéronnos que querían casar pola igrexa Maradoniana e despois por civil e pola Igrexa en México, así que prometeron dicir ata o último dos seus días que Diego foi e será o máis grande futbolista de todos os tempos", dixo Alejandro Verón, un dos creadores desta "devoción maradoniana".

A Igrexa Maradoniana é un movemento que desde 1998 reúne aos seguidores máis radicalizados de Maradona e na actualidade conta con máis de 40 mil "fregueses" de 60 países . Ademais, mantén dez mandamentos:
  1. A pelota non se mancha, como dixo D10S na súa homenaxe
  2. Amar ao fútbol por riba de todas as cousas
  3. Declarar o teu amor incondicional por Diego e o bo fútbol
  4. Defender a camiseta arxentina, respectando á xente
  5. Difundir os milagres de Diego en todo o universo
  6. Honrar os templos onde predicou e os seus mantos sacros
  7. Non proclamar a Diego en nome dun único club
  8. Predicar os principios da Igrexa Maradoniana
  9. Levar Diego como segundo nome e pórllo ao teu fillo
  10. Non ser cabeza de termo e que non se che escape a tartaruga. Son expresións maradonianas para referirse, no primeiro caso, a unha persoa moi desprezábel, e no segundo, a facer unha parvada.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mar del Plata 14-11-06 Placa polo estadio "General San Martín" onde Maradona marcou os primeiros goles en primeira. Foto: Daniel Muñoz / Télam
Mar del Plata 14-11-06 Placa polo estadio "General San Martín" onde Maradona marcou os primeiros goles en primeira. Foto: Daniel Muñoz / Télam
Rosario 03/08/07 Encontro entre Maradona e Lionel Messi no hotel Riviera. Foto: Sebastian Granata / Télam
Rosario 03/08/07 Encontro entre Maradona e Lionel Messi no hotel Riviera. Foto: Sebastian Granata / Télam
Venezuela 26-06-07. O presidente Hugo Chávez, o seu par boliviano Evo Morales e Maradona compartiron o comezo da Copa América 2007. Foto: ABN / Télam
Venezuela 26-06-07. O presidente Hugo Chávez, o seu par boliviano Evo Morales e Maradona compartiron o comezo da Copa América 2007. Foto: ABN / Télam