Total, por unha lata... Total, por un bidón de aceite... Total, por uns aparellos...
Somieres, restos de redes, defensas de barcos (pneumáticos), parte da porta dunha embarcación, bidóns de aceite e ata un colector dun mercante son só algúns dos elementos localizados polos mergulladores de Servisub. "Estamos atopando máis do que pensabamos", asegura o responsable da compañía, Luís Estévez, que considera relativamente lóxicos os achados, "xa que estamos nun lugar que nunca se limpou e aparecen restos por todas partes". Tanto é así que os labores en Cíes -que tiñan previsto rematarse o venres- estenderanse por uns días máis logo de operar nas áreas de Carracido, San Martiño, Rodas e a praia dos Alemáns. atopamos unha zona de sedimentación con moitos restos", sinala o portavoz de Servisub.
A xornada do venres foi aproveitada para retirar parte do material atopado, grazas a un buque equipado cun guindastre que trasladou os fardos ao peirao de Carracido, que serve de base de operacións. O resto de desperdicios están sinalizados para ser recollidos esta próxima semana.
Con todo, o traslado do equipo de Servisub a Ons deberá aprazarse a finais de semana. "A ver se podemos ir o xoves ou o venres porque hai boas mareas", sinala Luís Estévez. Os traballos no arquipélago budetense serán bastante máis sinxelos, segundo as previsións de Servisub. "Alí temos xa localizadas as zonas onde imos limpar, que é o máis laborioso", apuntan. Un deses lugares é a contorna do porto, onde existen numerosos restos de construción acumulados no peirao e que caeron ao mar polo mal tempo. Ademais, a cantidade de residuos que hai que retirar é bastante inferior aos que hai en Cíes.
Catro mergulladores Servisub, que traballa con catro mergulladores -dous na auga e outros dous en superficie- estará aproximadamente un mes realizando a limpeza de fondos nas illas de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. A actuación conta cun orzamento de 12.000 euros, aos que haberá que sumar os custos da xestión dos residuos achado, que se farán nunha planta do Porriño.