A organización integrada en Galiza Nova anovou esta fin de semana a súa executiva.
Paulo López, un betanceiro de 21 anos licenciado en Xornalismo, é dende esta fin de semana o novo portavoz nacional de Esquerda Nacionalista-Mocidade. Canda el estarán na Mesa Nacional Xurxo Paz López (resposábel de Organización); David Álvarez; Ínhigo Ansotegui (Formación); Uxía Araúxo; Álex Ermida (Finanzas); Alba Muíños (Igualdade); Henrique Otero; e Irene Quintela (Comunicación).
A nova excutiva obtivo o apoio unánime da militancia. A formación integrada en Galiza Nova (GN) aposta por afondar na mensaxe “nacionalista e de esquerdas” dentro das xuventudes do BNG. Paulo López sinalou que EN-Mocidade quere abrir un debate construtivo dentro de GN para fuxir de posturas “rexionalistas”: “Nós acreditamos nas institucións pero queremos seguir falando de autodeterminación e esquerda”.
O novo portavoz nacional advirte que “temos que convencer ás xentes do propio nacionalismo e da sociedade galega de que a independencia é o mellor instrumento para aumentar o benestar dos galegos e das galegas. O nacionalismo debera ter como horizonte a república galega.”