Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NA SÚA LXIII ASEMBLEA EN MIAMI

A SIP acusa a Venezuela de pretender un sistema totalitario pra Latinoamérica

'O informe da SIP (Sociedade Interamericana de Prensa) non ten ningunha implicación para o Goberno de Venezuela e tampouco afecta a imaxe do país', dixo este luns o ministro do Poder Popular para a Información e a Comunicación, Willian Lara. Segundo o informe da SIP "a influencia de Venezuela en América Latina pon en risco a liberdade de prensa porque o goberno intenta exportar un proxecto político semellante á ditadura cubana".

Xurxo Martínez Crespo - 11:09 17/10/2007
Tags:

Desde La Habana, Cuba, o ministro de información venezuelano destacou que se está mentindo na SIP con respecto a Venezuela. "No noso país hai unha altísima liberdade de expresión".

Tamén referiu: 'Imos seguir emitindo informacións fundadas na verdade, e esta será o mellor xeito de enfrontar as mentiras que emite a sociedade interamericana de explotadores da prensa'.

A SIP, que celebra a súa LXIII asemblea en Miami, sinalou que a influencia de Venezuela en América Latina pon en risco a liberdade de prensa porque o goberno intenta exportar un proxecto político semellante á ditadura cubana.


0/5 (0 votos)