Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MÁIS DE 4.000 EUROS DE PREMIO

Concurso de curtametraxes en Internet

Todos os usuarios da comunidade Youtube poderán votar pola súa curtametraxe favorita a partir do 23 de novembro ata o 2 de decembro

Redacción - 13:54 15/10/2007
Project Direct

Project Direct

A comunidade de vídeo on line Youtube organizou o primeiro concurso internacional de curtametraxes, un proxecto denominado Project Direct co que pretenden "descubrir aos mellores directores de cine que existan entre os usuarios", informou a compañía.

Ata o 9 de novembro, directores de cine de España, Brasil, Canadá, Francia, Italia, Reino Unido e Estados Unidos poderán enviar os seus vídeos orixinais, de entre dous e sete minutos de duración e en lingua inglesa ou subtitulados.

Os participantes deben ser maiores de idade e residir nalgúns destes países, así como incluír algúns requisitos na historia que van plasmar, como introducir a frase "I demand an explanation for these shenanigans. What do you have to say?" (Esixo unha explicación para estas falcatruadas. Que tes que dicir?). Tamén é necesario que un dos protagonistas teña que se enfrontar a unha situación por riba do seu nivel de madurez, así como entregar unha fotografía a outro dos personaxes da trama.

Un xurado presidido polo director Jason Reitman -"Grazas por fumar" e "Juno"- e un amplo grupo de expertos serán os encargados de elixir 20 finalistas de entre todos os traballos recibidos.

Unha vez escollidos, todos os usuarios da comunidade Youtube poderán votar pola súa curtametraxe favorito a partir do 23 de novembro ata o 2 de decembro.

O 5 de decembro farase público o nome da gañador, que será premiado cunha tarxeta bancaria de cinco mil dólares (4.239 euros) e acudirá, como convidado, a un dos festivais de cine máis importantes -cuxo nome aínda non facilitou a compañía-, onde reunirase con produtores executivos de Fox Searchlight.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: