Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'TRES'

The Homens sacan novo disco

O trío de power-pop afincado en Compostela presenta asemade unha nova páxina web.

Redacción - 13:46 15/10/2007

A banda de power-pop The Homens pon no mercado este luns o seu primeiro disco de longa duración, Tres, despois dos seus anteriores traballos #1 e #2. Asemade, presenta a nova imaxe da súa páxina web, onde se poden escoitar e descargar todas as cancións do álbum, agás dúas que aparecen exclusivamente no soporte físico.

Nas tendas pódese adquirir unha versión especial do disco, publicado por Falcatruada, en formato vinilo, CD de audio, MP3 e póster con pasatempo, ou ben a tradicional en CD de audio e MP3. Na web, ademais das descargas, inclúese unha axenda de concertos, información sobre toda a discografía de The Homens, e un blog onde os membros do grupo van contando as súas aventuras.

Este é o vídeo de presentación do primeiro tema do disco, Calamar:


4,4/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



The Homens / Foto: Janite
The Homens / Foto: Janite