A Secretaría Xeral de Política Lingüística expón nunha páxina todos os traballos a concurso.
Un total de 228 fotografías concorren ao concurso 'Enfoca o galego', convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro da campaña de promoción do uso da lingua 'En galego, tes todo por dicir. E logo!'
O concurso estivo aberto á participación durante case oito meses e as fotografías fóronse colgando na páxina da campaña. Paisaxes e retratos foron os principais motivos á hora de coller a cámara
A finais de novembro darase a coñecer o nome do gañador do concurso, que levará como premio unha cámara dixital.