Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
"No Ourense todos nos sentimos talibáns en Guantánamo"

Os árbitros galegos poderían denunciar ao adestrador do Ourense

Poríanlle unha denuncia a Manolo Tomé ante Competición, Antiviolencia e na Xustiza ordinaria por unhas declaracións súas, feitas no partido fronte ao Celta B. do pasado día 22. En Ourense non andan moi contentos cos árbitros. Velaquí a proba:

Redacción - 12:47 04/10/2007

"Un árbitro que realizou o que fixo aquí eu creo que é para linchalo. Pasa noutro campo e línchano", díxolle Manolo Tomé aos micros da Radio Galega após o partido disputado en O Couto, o campo do Ourense, fronte ao Celta B.

Tomé referíase a Corral García, o árbitro do partido xogado o día 22 de setembro. Na tardiña da cuarta feira, José García Cabreros, presidente do Comité Galego de Árbitros, anunciou que vai estudar se estas palabras de Tomé vulneraran la Lei contra la violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, ou se poderían chegar a constituír un delito de ameazas ou inxurias.

"No Ourense todos nos sentimos talibáns"
Unha semana despois, Tomé volveuse achegar aos micrófonos para dicir: "Eu, a verdade, síntome coma un talibán en Guantánamo. Sentímonos todos no Ourense, parecemos talibáns en Guantánamo. O que me preocupa a min é que aquí pódese falar contra o Rei, fálase contra o que sexa... Agora, coidado de falar contra os árbitros".

Os árbitros galegos néganse a pronunciarse máis sobre o tema, mais din que se eles non se meten nas malas tácticas de xogo dos adestradores, os adestradores tampouco deberan meterse no seu traballo no campo de xogo.

En Ourense, descontentos cos árbitros

Os equipos de fútbol de Ourense non andan moi contentos cos árbitros que lles tocan. No outro equipo da cidade, o Ponte Ourense, aseguran que sempre tentan protexer aos árbitros, mais que moitas veces din que abusan do seu poder. Como exemplo colgaron na súa páxina un vídeo de cando xogaban o CD Ourense en Segunda A e onde se ve como un xuíz de liña insulta ao "pobre Pichi", que case é expulsado ao tentar pórse á altura do árbitro.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: