Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NO CHAMADO PICO "EL ÁGUILA" EN MÉRIDA-VENEZUELA

Monumento nos Andes venezuelanos en homenaxe ao Che

O ministro do Poder Popular para a Cultura, Farruco Sesto anunciou que o luns 8 de outubro erixirase un monumento conmemorativo en honra ao revolucionario cubano-arxentino Ernesto Che Guevara, con motivo da súa visita no ano 1952 ao Pico del Águila en Mérida, nos Andes venezuelanos.

Xurxo Martínez Crespo - 10:31 03/10/2007

Destacou que " é unha creación moi interesante en vidro templado con varios artistas involucrados".

Explicou que se trata dun ronsel clásico, de 4 cm de espesor blindado, que ten 2,40 metros de alto e 1 metro de largo, cun alicerce de granito natural coa inscrición interna en vermello e negro na que fai referencia no seu diario (o Che) do seu paso por Venezuela.

Dixo que o acto contará coa participación de autoridades do Goberno, rexionais, municipais e con algúns embaixadores.

Finalmente, o ministro Sesto manifestou que, "é un xesto moi bonito de facer esa lembranza a ese home que quixo coñecer cos seus propios ollos, ouvídos e a súa propia sensibilidade como era o lugar do mundo onde lle tocou nacer e decidiu percorreu América Latina".


3,75/5 (4 votos)