Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrevista a Núñez Feijoo en 'La Razón'

"Os sectores duros do Bloque están vendo que é o seu momento"

O presidente do PPdeG afirma que o BNG "moverá ficha" segundo o resultado das eleccións, e optará por "un nacionalismo constitucional" ou por outro "soberanista".

Redacción - 11:20 01/10/2007
Alberto Núñez Feijoo

Alberto Núñez Feijoo

O diario madrileño La Razón publica este luns unha entrevista co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, onde analiza cuestións relacionadas coa política estatal e nacional, e sobre a situación interna do seu partido.

O popular recoñece erros de "comunicación" á hora de explicar a intervención das tropas españolas na guerra de Iraq, e afirma que de non ser polo atentado do 11-M en Madrid, o seu partido gobernaría no Estado. Respecto da política en Galiza, Feijoo di que "no nacionalismo galego hai sensibilidades moi distintas", entre as que convive "algún marxista no século XXI".

"O Bloque (BNG) ten as súas tensións internas sobre se quere ser un nacionalismo democrático e constitucional ou un soberanista. En función do resultado das eleccións, moverá ficha", afirma o presidente do PPdeG. "Se opta por un nacionalismo democrático e constitucional, será a mellor opción para Galicia. E se o fai por un soberanista e fóra da Carta Magna, suporá a súa desaparición como un partido que fale en serio", engade.

Ademais, considera que o nacionalismo retrocedeu nas eleccións municipais. "Socioloxicamente, Galicia é unha comunidade claramente constitucional e que aposta polo Estado das Autonomías. Os sectores duros do Bloque están vendo que é o seu momento. Non só polo que ocorre con Galeuscat, senón porque teñen un presidente socialista disposto a ocupar a Presidencia da Xunta sen ningún límite", di Alberto Núñez Feijoo.


2,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: