Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Política xuvenil

Novas Xeracións desenvolve na Guarda a súa convención anual

As mocidades populares elaborarán propostas para o programa do PP de cara ás eleccións xerais.

Redacción / EP - 11:15 29/09/2007
María Seoane preside Novas Xeracións

María Seoane preside Novas Xeracións

A organización xuvenil conservadora Novas Xeracións, desenvolve esta fin de semana na Guarda a súa "primeira convención rexional". Nela, compoñeranse sete grupos de traballo que elaborarán unha serie de propostas que logo lle trasladarán á dirección do PP para a súa inclusión no programa electoral.

A presidenta de Novas Xeracións, María Seoane, explicou a Europa Press que a reunión, á que espera que acudan 400 novos simpatizantes do PP, terá precisamente como eixo central a proximidade das eleccións xerais, polo que redactarán un documento con iniciativas e medidas centradas na xuventude para que os populares as inclúan entre os seus compromisos electorais.

Ao longo da mañá do sábado, os grupos de traballo dividiranse en sete grandes áreas para elaborar as súas propostas, que se porán en común xa pola tarde nunha mesa de conclusións. O documento resultante entregaranllo ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, para que este o faga chegar ao líder estatal da formación, Mariano Rajoy.

O propio Feijoo intervirá o domingo na clausura da convención, que ten como lema 'Preparados, listos...xa'. Tamén asistirán o presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán; o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda; a deputada e secretaria de Política Social do PP, Ana Pastor; e a propia María Seoane.

Ademais, está prevista a presenza do voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz, e dos deputados autonómicos Jaime Castiñeira, Manuela López Besteiro, Alejandro Gómez Alonso e Susana López Abella.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: