Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ONU como último recurso

A familia do último fusilado do franquismo quere que se anule o xuízo

A familia do vigués Humberto Baena Alonso solicítalle á ONU a nulidade, esgotadas as posibilidades nas instancias estatais.

Redacción - 13:29 28/09/2007

Xosé Humberto Baena Alonso tiña 24 anos cando foi fusilado, tras un sumarísimo xuízo militar no que foi declarado "asasino". Trinta anos despois, para que se limpe o seu nome, os seus irmáns esgotaron todas as posibilidades ante os tribunais estatais e mesmo europeos -chegaron á Haia.

Agora xa teñen preparada unha solicitide que han cursar ante as Nacións Unidas. Sería daquela a primeira demanda dunha vítima dos franquismo español que chegue ás altas instancias da ONU.

De "asasino" a "asasinado"
Xosé Humberto, militante do FRAP, foi condenado polo asasinato dun policía que aconteceu xusto un día antes de que o mozo chegase a Madrid. El foi un dos mozos asasinados xusto dous meses antes de morrer o ditador, cos seus compañeiros do FRAP, José Luis Sánchez Bravo, -tamén vigués-, e Ramón García Sanz; e cos dous membros de ETA Ángel Otaegui e Juan Paredes.

Baena foi fusilado após un xuízo militar que o condenou a morte e aplicóuselle, con carácter retroactivo, a Lei Antiterrorista de 1975 que o réxime franquista había aprobar tras a súa detención. Nada se investigou nin valeron as declaracións das testemuñas do asasinato.

Agora os seus irmán seguen a pedir xustiza e demandan, entre outras cousas, namentres os políticos andan ás voltas coa Lei Memoria Histórica, que se revisen os procesos xudiciais que se desenvolveron do 36 até morrer Franco.

Se se quere saber máis do tema, El País publica unha reportaxe na que fala coa familia de Xosé Humberto Baena, que a quinta feira lle facía unha homenaxe a seu irmán, no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Tamén hai un vello artigo que Xosé María Álvarez Caccamo escribiu para Vieiros, titulado Memoria pública de Xosé Humberto Baena.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: