Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NEGOCIACIÓN COA XUNTA

Lalín quere levar internet ao rural mediante unha nova tecnoloxía

As redes MMDS son frecuentes en norteamericana para achegar o sinal de televisión a zonas moi illadas. A clave é se poden ser útiles contra a fenda dixital galega.

Redacción - 12:41 27/09/2007
Antena de MMDS / Foto: Wikipedia

Antena de MMDS / Foto: Wikipedia

O Concello de Lalín acaba de solicitar o apoio financeiro da Consellería de Industria para levar internet ao rural mediante a tecnoloxía o MMDS. O novidoso do asunto é precisamente a tecnoloxía proposta, pois a práctica totalidade de redes sen fíos públicas que se están a montar en Galiza empregan WIMAX, WIFI e, en menor grao, conexións por satélite.

O municipio que goberna o conservador Xosé Crespo argumenta que se trata dun “sistema de implantación sinxela e de custo reducido, ademais de posibilitar a coexistencia de servizos de internet, vídeo e voz”. Polo de agora só funciona nun concello en todo Estado, en Molina de Segura, Murcia, segundo o Concello de Lalín.

Televisión por microondas
O certo que o MMDS xa se está empregando frecuentemente en moitas areas rurais dos Estados Unidos e Canadá. Variante da chamada “televisión por microondas”, son as distribuidoras de televisión por cable as que máis están investindo nel, sobre todo para levar os seus servizos a clientes que viven en zonas moi illadas nas que nunca será rendíbel meter fibra óptica.

Segundo datos de Telefónica, en Lalín aínda hai 46 zonas sen ADSL e, polo tanto, nas que non se pode contratar internet de alta velocidade. Un lastre que se repite en moitas vilas e aldeas do país, mesmo en áreas próximas ás cidades.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: