Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ANTEPENÚLTIMA TIRADA

Ezequiel Mosquera recupera a quinta posición na Vuelta

O galego fixo unha magnífica etapa na que lle quitou 24 segundos a Efinkim. Para manterse, deberá rendibilizar eses segundos na contrarreloxo do sábado.

Redacción - 18:20 21/09/2007
Mosquera falando coa prensa, ao final dunha etapa

Mosquera falando coa prensa, ao final dunha etapa

O galego entraba de 9º na 19ª etapa da Vuelta, nunha xornada con choivas, na que a estrada estivo en todo momento mollada. Esta etapa, que saía en Ávila e tiña a meta na cima do alto de Abantos, foi unha xornada eléctrica con 133 quilómetros e até 6 portos puntuábeis que noutros anos fixeron a moitos ciclistas gañar a rolda española.

A etapa gañouna Samuel Sánchez, seguido de Daniel Moreno e de Denis Menchov, pero o gran protagonista para os galegos foi Mosquera, que recuperou o quinto posto noutro día de bo ciclismo. Ao final o de Teo leva 24 segundos no peto, que lle poden valer para manterse o sábado na crono.

"Teño que dalo todo"
Isto pensou o corredor do KGZ cando comezaba a etapa 19 da rolda española. Sabía que era a última etapa na que corría no seu terreo, e sabía que "tiña que aproveitalo". Falando do corredor máis destacado nesta Vuelta, Denis Menchov, dixo que "Non pensei nin en saír a por él" do rápido que van.

Mosquera só pensaba en gañar segundos que levar á contrarreloxo xa que hai moitas posibilidades de que lle saia unha crono semellante á de etapa de Zaragoza, tendo tamén en conta que Efinkim, o seu inmediato perseguidor, non é coñecido por ser un bo contrarreloxista.

A contrarreloxo de Collado Villalba, no sábado, mantén a emoción na pelexa polo podio de Madrid, aínda que o liderato de Menchov parece fóra de toda dúbida.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mosquera entrando na meta, na etapa da quinta feira
Mosquera entrando na meta, na etapa da quinta feira
Samuel Sánchez, ao entrar na liña de meta da 19ª etapa da Vuelta
Samuel Sánchez, ao entrar na liña de meta da 19ª etapa da Vuelta
Perfil da 19 etapa da Vuelta onde Mosquera recuperou o quinto posto
Perfil da 19 etapa da Vuelta onde Mosquera recuperou o quinto posto