 
O trobador de Curtis afincado en Irlanda preséntanos un novo tema, que compuxo hai xa catro anos.
 
											Manfred Gnädinger
Dende Tipperary (Irlanda), o cantautor de Curtis Edilberto Alonso tráenos unha nova composición, unha homenaxe a Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, que morreu de tristura ao ver como a cosata quedara cuberta do chapapote do Prestige. 
  O Tribute to Manfred Gnädinger, que incluirá no seu próximo disco xa o compuxera no ano 2003, un mes despois da morte de Man. Conta na súa web que recibiu a inspiración ao mirar o movemento das augas na piscina do centro de ocio ao que acode diariamente a practicar a natación. Tardou tres anos en gravar a canción, na que se mete na pel do alemán. 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto