 
 
O presidente da Xunta teima en asegurar que se quere crear unha “cortina de fume” arredor dos pluses.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, arremeteu este mércores contra os que defenden a supresión do plus dos altos cargos que son funcionarios e acusounos de facer “demagoxia”. Logo de que cargos do BNG afirmaran en público que a aprobación fora un “erro” e avogaran por unha rectificación, Touriño non deixou marxe de manobra e asegurou que “as tres forzas políticas e a Xunta son responsábeis” do acordo.
Touriño mostrou o seu malestar polo rexeitamento social que está a provocar o tema dos sobresoldos e dixo que había quen quería botar unha “cortina de fume”. O presidente insiste en que o acordo parlamentario só se traducirá nunha “actualización de máis de 3.000 euros”. Porén, subliña que está disposto a dar explicacións no Parlameto.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto