Cadros dos últimos catro anos, co seu característico simbolismo, na fronteira entre a figuración e a abstracción.
Menchu Lamas (Vigo, 1954) foi unha das integrantes destacadas do grupo Atlántica e colaboradora do colectivo poético Rompente. Conta cunha traxectoria artística ben definida e recoñecible e a súa obra forma parte de coleccións públicas e institucionais como a Fundació La Caixa, o MACBA e o Museo Español de Arte Contemporáneo. A finais do 2006, o CGAC e mais o Instituto Cervantes de Milán organizaron exposicións paralelas da súa obra recente.
No Michael Dunev Art Project de Torroella de Montgrí pódense ver cadros interrogantes con moita figuración humana, o emprego de símbolos e as características cores primarias da obra de Menchu Lamas. Con anterioridade no singular espazo catalán desta galería, que ten outra sede en San Francisco, púidose ver o traballo de Antón Patiño, home de Menchu Lamas, así como de Joan Hernández Pijoan, Ràfols Casamada ou Carmen Calvo.
Exposición de Menchu Lamas
Até o 29 de setembro de 2007
De martes a sábado de 17:30 a 21:30
Michael Dunev Art Projects
Carrer Major, 28 – 17257 Torroella de Montgrí (Girona)