Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SÓ SE RENOVA O 10% DOS ORDENADORES DE TODO O MUNDO

Recicla os teus equipos electrónicos

Pese á cada vez maior conciencia ecolóxica do nivel de toxicidade dos dispositivos electrónicos e ás leis que prohiben en moitas xurisdicións desfacerse de dispositivos electrónicos en vertedoiros locais, parece que perden moitas oportunidades á hora de prover de ferramentas tecnolóxicas apropiadas a todos aqueles particulares e organizacións que precisan.

Redacción - 13:11 12/09/2007

Kroll Ontrack brinda os seguintes consellos para reciclar os dispositivos electrónicos mantendo a salvo os nosos datos persoais e comerciais máis importantes:

Elimina todo a información persoal e datos comerciais importantes. Borrar non significa eliminar. Borrar todo os arquivos dos discos e cartafois do teu ordenador e baleirar a papeleira non garante que xa non estean os datos. A información persoal e datos comerciais importantes, incluídos o caché do navegador web, as cookies, o historial, os contactos e mensaxes de correo electrónico, os documentos, a papeleira e a papeleira de reciclaxe e todo os soporte lóxico non transferibles poden seguir no disco duro do teu ordenador. O primeiro paso para reciclar de xeito seguro o equipo é executar unha aplicación de limpeza do disco que sobrescriba todos os sectores dos teus discos duros e faga imposible a recuperación dos datos.

Determina se o ordenador pode reempregarse. Os ordenadores con menos de cinco anos poden volver a utilizarse e ser de grande utilidade para outras persoas. As organizacións sen fins de lucro, os colexios e moitas outras entidades dependen en moitos casos das doazóns de tecnoloxía, xa que esta é demasiado cara como para que poidan adquirir estes produtos de última xeración. Outras posibilidades para doar ou reciclar o teu equipo é devolvelo ao seu fabricante orixinal, deixalo nun centro de reciclaxe ou reparación local ou levalo directamente a unha organización que o necesite. A vantaxe de facelo a través do fabricante, o centro de reparación ou reciclaxe é que eles “limparán” o disco duro eliminado todos os seus datos e garantirán que o equipo enviado chega a mans das organizacións sen ánimo de lucro en boas condicións e con copias de soporte lóxico legais.

Antes de doar ponte en contacto co centro de reciclaxe local ou fabricante de hardware.
Chama á organización ou visite a súa páxina web e asegúrese de que acepta o tipo de ordenador que ten pensado doar. Algunhas organizacións, por exemplo, non aceptarán ordenadores anteriores a un Pentium II.


Recicla todo o hardware vello e roto. Todos os equipos que xa non funcionen ou teñan máis de cinco anos deberían reciclarse. Os centros de reciclaxe de ordenadores rescatarán todas as pezas útiles do ordenador e eliminarán de xeito seguro todos os materiais perigosos antes de que estraguen o que queda.

Non esquezas os accesorios. Cando does o ordenador non esquezas incluír sempre que se poida o teclado, o rato, a impresora, o módem, os soporte lóxico empaquetados e calquera outro accesorio que veña co ordenador. Os colexios e entidades sen ánimo de lucro case sempre fan bo uso deles, ademais, a maioría das organizacións só aceptan sistemas completos.

“Moitas comunidades establecen uns días de recollida de residuos especialmente perigosos e uns centros nos que se poden deixar residuos electrónicos como ordenadores e teléfonos móbiles de forma gratuíta. Non obstante, moita xente aínda non sabe como desfacerse correctamente dos seus aparellos electrónicos”, comenta Nicolás Green responsable de Kroll Ontrack España.

“É certo que a doazón e a reciclaxe de ordenadores é vital para a preservación do medioambiente, pero hai que ter en conta que moitas veces segue no ordenador información importante (datos financeiros, vídeos e fotos persoais irremplazables, declaracións tributarias, listas de contactos, contraseñas) no momento de desfacerse dos mesmos. Non deixe que a boa acción de doar o seu ordenador para a súa reciclaxe se convirta nun pesadelo porque a persoa incorrecta accedeu sen darse vostede conta aos seus datos máis importantes”, advirte Green.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: