Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
8 de setembro, Día do Cooperante

Máis de 600 galegos traballan na cooperación ao desenvolvemento

Espállanse por 70 países de América, África e Asia, predominan as mulleres e o 93% son relixiosos. Son datos do primeiro censo elaborado en Galicia pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Redacción - 10:00 08/09/2007
Unha misioneira

Unha misioneira

O primeiro dos destinos dos cooperantes galegos é Latinoamérica: un 82% traballan en América do Sur e Central, un 15% en África e o 2% restante en Asia. En canto a países, Venezuela, Brasil e Perú son os principais receptores de cooperantes.

Ademais, os misioneiros integran case o total do corpo de cooperantes galegos: 576 son relixiosos, dos que 98 pertencen á Diocese de Lugo, 66 á de Vigo, 223 á de Ourense, 143 á de Santiago e 46 á de Mondoñedo-Ferrol. E en canto ao ámbito de actuación, a maioría traballan no desenvolvemento de programas económicos, educativos e sociais e na mellora das condicións hixiénico-sanitarias.

O Día do Cooperante foi aprobado polo Consello de Ministros o 28 de abril do 2006. Entre outras iniciativas, o comité organizador propuxera aprobar mocións de recoñecemento da actividad dos cooperantes. É unha xornada para lembrar e pór en valor esta actividade.

No día previo a esta conmemoración, a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, defendeu a necesidade de recoñecer o "grande esforzo" deste colectivo, e sinalou a dificultade e risco que ás veces supón por traballaren en países en conflito ou en situacións moi difíciles. A Dirección Xeral duplicou no último ano as bolsas de formación, tanto para traballar en Oficinas Técnicas de Cooperación (OTC) da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e na Dirección Xeral de Cooperación Exterior como en proxectos sobre o terreo.


3/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Membros de Pallasos en Rebeldía traballando en Chiapas
Membros de Pallasos en Rebeldía traballando en Chiapas
Mercado en Guatemala
Mercado en Guatemala