“Cultura si, mausoleo non” considérao o máximo responsábel das presuntas irregularidades.
O colectivo “Cultura si, mausoleo non” pediu este domingo en Santiago que a xustiza chame a declarar como imputado ao ex conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela. A plataforma considera que el é o principal responsábel político das “irregularidades”.
Nun comunicado, cualíficase de “depredadora” a xestión do ex conselleiro conservador. “Cultura si, mausoleo non” denuncia que durante os seus mandatos houbo unha política cultural “elitista” que se fixo de costas aos artistas galegos.