Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O FUTURO DE CATALUÑA

Os sectores máis soberanistas de Convergència Democrática esixen unha alianza con ERC

Propoñen unha moción de censura contra Montilla e un referendo sobre a autodeterminación en 2009

Redacción - 16:50 28/08/2007

Unha nova corrente interna dentro de Convergència Democrática de Catalunya (CDC) vén de publicar un manifesto en clave soberanista. Os militantes da Plataforma per la Sobirania pídelle a Artur Mas que comece a negociar con ERC para crear unha alternativa a Montilla. O obxectivo é ter un goberno CiU-ERC na Generalitat en 2008 que leve a cabo un ano máis tarde un referendo de autodeterminación.

Na nova plataforma están destacados dirixentes de CDC, como é o caso de Víctor Terradellas ou Ignasi Planas. Por último, o colectivo propón que se forme un grupo nacionalista único nas cortes españolas.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: