Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No I Campionato celebrado na vila

Dous veciños de Melide son os mellores tirapedras da Galiza Central

Guillermo López foi o vencedor absoluto nun campionato que reuniu 56 tiradores de Galiza, Euskadi, Cataluña, as Illas Baleares e Italia. Adrián Sánchez gañou na categoría infantil.

Redacción - 11:30 22/08/2007
Un momento do desenvolvemento da I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide na Praza do Pozo Pequeno

Un momento do desenvolvemento da I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide na Praza do Pozo Pequeno

O Campionato, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, a terza feira, durante as festas de verán de Melide, foi o peche ideal da I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, celebrada nestas dúas últimas xornadas.

O concurso fíxose de tarde na Praza do Convento, habendo dúas probas que os participantes debían pasar: a das tres dianas xiratorias e a do branco fixo. Os xogadores ían xuntos en escuadras de catro, efectuando cada un dous lanzamentos sobre os brancos. A distinta puntuación que outorgaba o acerto sobre cada branco, atendendo á súa dificultade, foi a que determinou a clasificación final.

Clasificáronse dous tiradores de cada escuadra para a final, e, tras dúas horas de intensa competición, as cousas quedaron así:

Na categoría infantil
1º- Adrián Sánchez.
2º- Álex Sleiman.
3º- Xoel Laia.

E na categoría adulta
1º- Guillermo Gómez Lareo.
2º- Jorge Pazo.
3º- Benigno Montero.

Dos 56 tiradores...
... 12 eran da categoría infantil, e o resto adultos, habendo entre eles 12 mulleres.

O I Campionato de Tirapedras da Galiza Central pechou a I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, que tivo un notábel éxito de participación, conseguindo recuperar para as prácticas lúdicas, o casco histórica de Melide, espazo tradicional de xogo da vila onde se xuntaron vellos e novos.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un dos trofeos que levaron os mellor clasificados neste campionato, elaborado por artesáns e xoieiros da vila
Un dos trofeos que levaron os mellor clasificados neste campionato, elaborado por artesáns e xoieiros da vila
O gañador absoluto do campionato, Guillermo Gómez Lareo efectuando un lanzamento
O gañador absoluto do campionato, Guillermo Gómez Lareo efectuando un lanzamento