Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O PRAZO REMATA O 31 DE AGOSTO

A Xunta convoca 36 novas prazas para dinamizadores da sociedade da información

Organizarán cursos e actividades contra a fenda dixital, especialmente nas zonas rurais

Redacción - 10:36 21/08/2007

A Consellería de Innovación e Industria ten aberto un proceso de selección de 36 persoas para formalas como dinamizadores da sociedade da información durante este ano. Os seleccionados, despois de superar un proceso de formación, realizarán cursos, obradoiros e outras actividades para achegar as novas tecnoloxías a poboación.

Os candidatos teñen que ser diplomados en Educación Social, Traballo Social ou técnicos da área de servizos socioculturais e a comunidade. O prazo para presentar as candidaturas remata o 31 de agosto, segundo figura na convocatoria publicada no DOG. As persoas seleccionadas recibirán ao redor de 900 euros durante a segunda fase do proceso de formación.

A Rede de Dinamización, que se puxo en marcha o ano pasado, está formada por un cento de mozos e mozas que traballan na difusión das vantaxes de internet. Para elo, colaboran con concellos, asociacións de empresarios, asociacións de veciños e outras institucións situadas principalmente en zonas rurais.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: