O presidente da Xunta, Manuel Fraga, inaugurou o día 20 a planta de elaboración de combustíbel derivado dos residuos (CDR) e a incineradora construídas en Cerceda (A Coruña) por SOGAMA. Durante a inauguración, militantes da Federación Ecoloxista Galega (FEG) e da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) expresaron unha vez máis o seu rexeitamento ao Plano de residuos urbanos de Galiza, concentrándose diante da incineradora con pancartas con lemas como SOGAMA=Incineración=Dioxinas ou A incineración non é a solución. Máis información no Canal Verde de Vieiros.
.