Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A carreira sae de Galiza

As actividades arredor da Vuelta encherán de vida varias vilas das primeiras etapas

Circuítos de spining, exposicións fotográficas, unha marcha cicloturista e unha volta ciclista para os máis novos e novas, son algunhas das propostas de Deporte.

Redacción - 09:45 29/07/2007

Na presentación das etapas galegas da 'Vuelta Ciclista a España' 2007, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, anunciara a intención do seu departamento de que este evento fose máis aló dunha actividade deportiva e que acadase unha importante participación social. Perseguindo este obxectivo, na mañá da sexta feira presentouse na Casa do Deporte de Vigo a programación de actividades paralelas vencelladas ás etapas galegas da Vuelta '07.

"Cremos no ciclismo"
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, abriu a presentación dicindo: "cremos no ciclismo, e isto é un recoñecemento a un deporte que leva 120 anos funcionando en Galiza, como se porá de manifesto na exposición que está incorporada dentro da programación".

120 anos de ciclismo galego

As actividades presentadas esta mañá están deseñadas para chegar a todo tipo de público, a fin de espallar por toda Galiza a paixón polo ciclismo. Así, presentouse unha marcha cicloturista, que se desenvolverá en Vigo o 31 de agosto, que ten o seu prazo de inscrición xa aberto, a través da páxina web da Fundación Ciclismo Galego.

Para os mozos e mozas tamén está preparada unha volta ciclista moi particular, que leva o nome de 'Volta Ciclista + Nov@s', e que está organizada pola Federación Galega de Ciclismo.

Ademais das actividades de maior implicación deportiva, entre as que se encontran tamén uns circuítos de spining -bicicleta estática, que estarán en Allariz, Vigo, Santiago e Viveiro-, desenvolveranse en todos os concellos galegos implicados nas etapas da 'Vuelta', actividades coma a exposición sobre a historia do ciclismo galego. A Editorial Galaxia colabora na organización desta exposición que leva o nome de 120 anos de ciclismo galego, e na que se recollen as mellores fotografías deste deporte na nosa terra dende que en 1887 se celebrara a primeira competición ciclista.

Camisolas de balde para os 100 primeiros
Tamén se han distribuír camisolas entre os participantes nas actividades programadas para os máis novos e nas etapas de saída e de chegada da 'Vuelta', coas que se quere encher de colorido e forza a rolda, para darlle ánimos ao Equipo Ciclista Galego, o Karpin Galicia. As camisolas tamén se poden conseguir nesta web de Deporte, onde tamén se poden consultar os horarios e lugares nos que se van celebrar todas estas actividades das que vos falamos.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Presentación das actividades arredor das roldas galegas da'Vuelta'
Presentación das actividades arredor das roldas galegas da'Vuelta'
Unha das actividades será o spining ou ciclismo estático
Unha das actividades será o spining ou ciclismo estático
Perfil da primeira etapa galega da 'Vuelta'
Perfil da primeira etapa galega da 'Vuelta'
Perfil da segunda...
Perfil da segunda...
E perfil da terceira
E perfil da terceira