Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

Ezequiel Mosquera reaparece na 'Clásica de Ordicia' pensando na 'Vuelta a España'

O ciclista do equipo profesional galego volve para participar na rolda vasca, mentres todo o equipo se prepara para a competición estatal, á que vai de convidado.

Redacción - 10:00 26/07/2007
Ezequiel Mosquera

Ezequiel Mosquera

Mosquera volve subir á bicicleta na Clásica de Villafranca de Ordizia, mais co pensamento posto na 'Vuelta a España'. O ciclista do Karpin Galicia realizou un forte comezo de tempada, que se prolongou desde o debut oficial do equipo en competición en febreiro na 'Vuelta a Mallorca' até a 'Vuelta a Asturias', na primeira quincena de maio.

Despois diso, Mosquera tomou un tempo de descanso, mais descanso activo, mentres ía adestrando de xeito progresivo, preparándose para correr na rolda vasca, que comeza na mañá do 25 de xullo, saíndo de Ordizia.

O calendario de Mosquera e máis do equipo profesional galego está agora enfocado cara a 'Vuelta a España' e probabelmente pasará previamente pola 'Volta a Portugal'.

En Ordizia o Karpin Galicia contará tamén a Gustavo César Veloso, Ramón Troncoso, Luís Fdez. Oliveira, Eduard Vorganov, Gonzalo Rabuñal, Gaizka Lasa, David Ferreiro e Carlos Castaño, que acaba de terminar a 'Vuelta a Madrid' no terceiro posto da clasificación xeral.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: