O gobernador de Santa Cruz mediará mentres os traballadores adían as accións até o mércores. Ducias de policías vixían o parque empresarial.
Catro empresas galegas, Vieira, Santa Cruz, Pescargen e Argenova, filial esta de Pescanova, foron afectadas polo conflito laboral que estoupou no contorno dun dos portos pesqueiros máis importantes de Arxentina, en Puerto Deseado. Os empresarios denuncian fortes perdas económicas froito das accións realizadas polos empregados en folga que incluíron lumes presuntamente intencionados nas instalacións dalgunhas das pesqueiras.
Nas últimas horas, armadores e traballadores parecen dispostos a iniciar unha negociación na que se espera que medie o propio goberno local. O ministro arxentino de Interior, Aníbal Fernández, informou de que os arredor de trescentos policías enviados á zona seguirán vixiando a zona até que afrouxe a tensión.
En principio o conflito xorde dun acordo asinado polo sindicato de obreiros marítimos a nivel estatal que a agrupación local non acepta. Denuncian que lles descontan o 35% das ganancias, o equivalente a "unha de cada tres mareas".
Máis en Clarín sobre o conflito.