Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTO NO NACIONALISMO

Encontro Irmandiño organízase dentro do Bloque para evitar que “se peche no autonomismo”

Xosé Manuel Beiras, Mario López Rico e Martiño Noriega pilotarán o proxecto até a asemblea que o colectivo celebrará a final de ano.

Redacción - 11:14 22/07/2007
Beiras e Quintana, nunha foto de arquivo

Beiras e Quintana, nunha foto de arquivo

O colectivo Encontro Irmandiño conta dende esta fin de semana cunha coordinadora nacional. O que comezou o ano pasado como unha corrente crítica dentro do BNG de cara á última Asemblea Nacional, toma corpo agora dentro da organización frontista.

Xosé Manuel Beiras, un dos principais militantes de Encontro Irmandiño, asegurou este sábado que o obxectivo último é evitar a “ameaza autonomista” dentro do Bloque. Beiras insistiu que a organización frontista ten que camiñar cara “a emancipación nacional e social de Galiza”. Outro dos eixes de acción é o asemblearismo. Unha das decisións que chama máis a atención é que para formar parte da nova organización non vai ser requisito indispensábel militar no BNG.

A asemblea constituínte elixiu unha coordinadora na que, ademais de Beiras, figuran, entre outros, Cristina Amor, Mario López Rico, Martiño Noriega e Luis Eyré. Agárdase que cara finais de ano Encontro Irmandiño celebre a súa primeira asemblea nacional.


4.56/5 (25 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: