O prezo do barril de petróleo supera o último record alcanzado fai apenas un ano e case duplica o prezo do pasado mes de xaneiro, cando se vendía por 48 dólares estadounidenses.
O prezo do barril de petróleo da Organización de Países Exportadores de Petróleo alcanzou un record histórico ao chegar os 72,83 dólares. Nos derradeiros catro días o petróleo encareceuse 0,34 dólares.
O barril supera o último record alcanzado fai apenas un ano e case duplica o prezo do pasado mes de xaneiro, cando se vendía por preto de 48 dólares.
A vaga de violencia contra a infraestrutura petroleira en Nixeria, o temor a un furacán no Golfo de México e os prognósticos de que a demanda de petróleo crecerán a bo ritmo foron motivos para esta subida de prezo.