Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Dunha Fisterra a outra

A expedición galega parte na sexta para participar nos Xogos Náuticos Intercélticos en Bretaña

Os 76 galegos que viaxan a Bretaña chegarán a Morlaix, no departamento de Finisterra, en Bretaña. Alí reuniranse con preto de 1.500 deportistas dos países celtas.

Redacción - 10:59 13/07/2007

A expedición galega que participará nos Xogos Náuticos Intercélticos partirá na tardiña da sexta feira dende Santiago en dirección a Morlaix e Crozon (en Bretaña), onde se está a celebrar este evento.

Galiza foi convidada a participar na XIII edición dos Xogos Náuticos Intercélticos, que se celebran entre os días 13 e 22 de xullo, e acudirá cunha representación de 76 persoas que participarán en remo, piragüismo, vela, surf, actividades subacuáticas e navegación en área.

Na expedición galega están representadas a Federación Galega de Remo (14 deportistas e 2 técnicos), a Federación galega de Piragüismo (13 deportistas e 1 técnico/deportista), Federación galega de Vela (20 deportistas e 3 técnicos), a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (2 deportistas e 1 técnico), a Federación galega de Surf (15 deportistas e 2 técnicos), Confederación Galega de Minusválidos, COGAMI, (1 deportistas e 1 técnico) e un representante da Fundación Deporte Galego, que será o xefe da expedición.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: